Search

Así foi a VIII Trail Viquinga

O Concello de Carnota ven de celebrar a VIII edición da Trail Viquinga o pasado domingo 20 de novembro. O número de inscricións este ano superou con creces o de edicións ateriores chegando a alcanzar os 351 inscritos/as con un alto nivel de participación.

Esta carreira que acostumaba celebrarse en edicións anteriores na praza San Gregorio de Carnota durante a mostra de promoción local Víndemo Ver, celebrouse este ano por primeira vez en Lamas de Castelo no mes de novembro. A saída e chegada foi no pavillón de Lamas de Castelo onde tivo lugar tamén a entrega de trofeos por parte do alcalde, Juan Saborido e do concelleiro José Manuel González. Os premiados foron galardonados con unha figura dun casco Viquingo elaborado por Adisbismur.



Durante toda a mañá do domingo celebráronse distintas probas empezando pola trail longa e finalizando polos chupetes.

O primeiro en completar a proba de 22,5km foi Daniel Paz Pardo con un tempo de 2 hora e un minuto e 35. Na categoría femenina a gañadora foi María Fabeiro Romero cun tempo de 2’40”.

Na carreira de 12,5 km o gañador foi Manue Pais que completou o traxecto en unha hora catro minutos. A gañadora femenina nos 12,5 km foi Lidia Rodríguez Carracedo cun tempo de 1’26”.

Na categoría Cativos II o gañador absoluto foi Pablo Lestón Uhía e a gañadora Eva Formoso Recarei e en Cativos I os primeiros en alcanzar a meta foron Leo Mosqueira Lago e Ainara Núñez Lado na categoría femenina.

Os resultados das diferentes probas podedelos consultar en Galitiming e as fotografías no facebook @ConcellodeCarnota e @PraiadeCarnotaRunners.

0 comments