top of page
Search

I Encontro de técnicos/as de turismo de Costa da Morte e Ría Muros-Noia

Updated: Apr 18

Onte tivo lugar o I Encontro de técnicos/as de turismo da Costa da Morte e Ría de Muros-Noia en Carnota. Cada vez son máis os concellos que apostan polo turismo e que contan con persoal técnico durante todo o ano. Por eso, dende xa fai un tempo os técnicos e técnicas de turismo vían necesario realizar este tipo de encontros co fin de, por un lado, dar a coñecer os recursos turísticos locais entre os/as responsables de turismo doutros concellos da zona e por outro lado, compartir inquietudes e experiencias.


Asistiron un total de 12 persoas. Non faltaron á cita os/as técnicos/as de Dumbría, Carballo, Fisterra, Zas, Coristanco, Muros, Serra de Outes e Porto do Son.


Non se trataba dunha xornada teórica, se non de acercar posturas entre os distintos profesionais, compartir experiencias e asentar as bases para poder traballar en rede.


Durante a xornada do martes, os/as asistentes puideron visitar as instalacións do Faro de Lariño convertido en hotel no 2020 e realizar un tramo da ruta “Andar o Mar” salpicada de restos de construcións vinculadas ao mar como casetas de pescadores, antigas fábricas de salgadura e outras máis actuais como a piscifactoría de Lira ou antigas fábricas de conserva.


Para rematar, o grupo fixo unha visita a recén estreada “caseta de Pede do Cuco”, unha antiga caseta de pescadores restaurada e musealizada, a cal se pode acceder a través dun código Qr. No seu interior, varias persoas de Lira falan sobre a evolución do sector pesqueiro na zona.


A xornada concluía cun xantar onde os/as ténicos/as puideron intercambiar sensación e opinións.

Os/as participantes valoraron positivamente este tipo de encontros e acordaron darlle continuidade a esta iniciativa para seguir creando sinerxías.







 

 

 

0 comments

コメント


bottom of page