top of page
Search

Presentación da exposición 20 anos do Prestige

O vindeiro xoves, 13 de xullo ás 12:00, presentaremos a exposición 20 anos do Prestige no Salón de Plenos do Concello de Carnota.

A exposición, que consta de fotografías xornalísticas dos primeiros días da traxedia, xa está aberta ao público dende o 4 de xullo e poderá ser visitada ata o 16 de xullo no salón de plenos do Concello de Carnota.

A actividade está enmarcada dentro do proxecto M.A.N. (Mar Arte Naufraxios), da compañía teatral aAntena, que resultou beneficiaria da liña de axudas “Territorio Cultura” da Xunta de Galicia.



 
 

Comments


bottom of page