Search
  • marialago67

Quentando motores para a XXIX edición da Carreira das Areas

Updated: Jun 10


O vindeiro sábado 11 de xuño terá lugar a XXIX edición da Carreira das Areas, incluída dentro do circuito Correndo pola Costa da Morte, é unha das carreiras populares con máis atractivo da zona. Este ano o número de inscritos/as é de 825.


Este ano as probas terán lugar de tarde en lugar de pola mañá como viña sendo habitual pero a gran novidade é que que desta edición a carreira de 3K ten prevista a saída dende a praia de Carnota onde os participantes recorrerán 1,5 km polo areal. A saída e a meta do resto de probas farase dende o enclave do Hórreo de Carnota. Alí terá lugar tamén a entrega de premios.


Consulta o horario das probas, regulamento e máis información en: correndopolacostadamorte.com

AVISOS PARA O SÁBADO 11 DE XUÑO


Realizaranse cortes parciais de tráfico entre as 17:00h e as 22:30h nas seguintes localizacións de Carnota:


  • Rúa da Igrexa

  • Rúa Santa Comba

  • Acceso á praia

Queda prohibido estacionar diante da Casa da Xesteira.

Solicítase que os animais domésticos non estean ceibos no horario e tramos indicados.

Agradecemos a colaboración da veciñanza e visitantes durante a proba deportiva.



5 views0 comments