top of page
Search

Ruta de Sendeirismo por Caldebarcos e Panchés

  • marialago67
  • May 20
  • 1 min read

Updated: May 27

O Concello de Carnota e o club O Jerreiro convídanvos a todos/as os/as amantes da natureza e do sendeirismo a participar na Ruta de Sendeirismo por Caldebarcos e Panchés, unha oportunidade para descubrir novos recunchos e paisaxes espectaculares do noso territorio.


  • Data: 1 de xuño

  • Saída: ás 10:00h

  • Punto de partida: Dende a antiga escola unitaria de Caldebarcos.

  • Percorrido: ruta circular de aproximadamente 10 km e de dificultade media. Enlace a Wikiloc

  • Prezo:


    • SOCIOS: Inscrición gratuíta.

    • NON SOCIOS: O prezo a aboar para as persoas non socias do clube é de 3€ por persoa que se ingresará no seguinte número de conta: ES84 2080 0334 8731 1000 0035. No concepto deberá indicarse o nome/s do/s participante/s e a ruta na que se participa polo menos con 2 días de antelación á celebración da ruta.


Esta ruta permitirá aos participantes gozar dun percorrido por zonas de gran valor paisaxístico e cultural, camiñando entre mar e montaña. Será unha oportunidade perfecta para desconectar, respirar aire puro e compartir experiencias con outros amantes do sendeirismo.

 

Inscricións

As inscricións deberán realizarse antes das 12:00 horas do xoves  previo á ruta da seguinte maneira:


  • Socios: A través do grupo de WhatsApp do club O Jerreiro.

  • Non socios: cubrindo o seguinte  formulario.



 
 
 

Comments


bottom of page