top of page
Search

Xa te podes inscribir na Ruta "Andar ao Mar" do Víndemo Ver

  • marialago67
  • Mar 13, 2024
  • 1 min read

O programa do XI Víndemo Ver-Mercado da Deputación, inclúe unha ruta temática que mezcla deporte, cultura e tradición e que terá lugar o sábado 30 de marzo ás 9:30 da mañá dende o concello de Carnota. Habilitaranse autobuses lanzadeira dende o Concello ata o lugar de inicio (Faro de Lariño).


A ruta será lineal de arredor de 12 km e de dificultade media onde os/as participantes poderán ver algúns exemplos de elementos vinculados á industria da sardiña, como antigas fábricas de salgadura e tamén algunhas escenas típicas de principios do S.XX protagonizadas pola Asociación Folclórica Ximiela.


As persoas interesadas en participar deberán inscribirse no seguinte formulario antes do 26 de marzo.



 
 
 

Comments


bottom of page