![exterior caseta de Pepe do Cuco.jpg](https://static.wixstatic.com/media/282977_42496e9a30c4498d801c5cfc51cf1457~mv2.jpg/v1/fill/w_980,h_735,al_c,q_85,usm_0.66_1.00_0.01,enc_avif,quality_auto/282977_42496e9a30c4498d801c5cfc51cf1457~mv2.jpg)
CASETA DE PEPE DO CUCO
A EVOLUCIÓN DOS TEMPOS
A caseta de Pepe do Cuco é unha antiga caseta de pescadores convertida no primeio museo automatizado de Galicia. Foi cedida pola familia de Pepe do Cuco, o último que a utilizou para a súa función orixinal: protexer a súa xeiteira e o resto de aparellos de pesca. Trátase dun tipo de construcción habitual nas aldeas mariñeiras.
​
Está situada aproximadamente na metade da ruta "Camiños de Andar ao Mar" que vai dende o Faro de Lariño ata a praia de Carnota e pódese acceder ao seu interior a través da lectura dun código Qr. A Caseta está deseñada para que se poidan realizar visitas autónomas, só necesitarás un móbil para poder entrar.
​
No seu interior fálase dun modo de vida, da tradición mariñeira, da relación das nosas xentes co mar, que, sendo igual de estreita, cambia cos tempo.
​
En Carnota aínda se conservan gran cantidade de casetas deste tipo ao largo do municipio e en moitos casos continúan cumprindo o seu uso orixinal, destacando entre elas un conxunto de arededor de 30 casetas de pescadores en Caldebarcos.
​
__________
​
​
LOCALIZACIÓN
Enderezo: A Beirada, Lira, s/n
15292 - Carnota
​
![Interior caseta Pepe do Cuco.jpg](https://static.wixstatic.com/media/282977_ce707f8948c24a678152c955fc37b779~mv2.jpg/v1/fill/w_930,h_690,al_c,q_85,usm_0.66_1.00_0.01,enc_avif,quality_auto/Interior%20caseta%20Pepe%20do%20Cuco.jpg)
![](https://static.wixstatic.com/media/282977_d6e7c3715e4c4aa9a3338f070677c1d1~mv2.jpeg/v1/fill/w_821,h_616,al_c,q_85,usm_0.66_1.00_0.01,enc_avif,quality_auto/282977_d6e7c3715e4c4aa9a3338f070677c1d1~mv2.jpeg)
![Caseta museo de Pepe do Cuco.jpg](https://static.wixstatic.com/media/282977_e896261b483d4d95875ca82ee2874df3~mv2.jpg/v1/fill/w_975,h_583,al_c,q_85,usm_0.66_1.00_0.01,enc_avif,quality_auto/Caseta%20museo%20de%20Pepe%20do%20Cuco.jpg)