![Rede Natura Carnota.JPG](https://static.wixstatic.com/media/c52f5c_d25c49d31a01457e89a9548d42cf3903~mv2.jpg/v1/fill/w_980,h_545,al_c,q_85,usm_0.66_1.00_0.01,enc_avif,quality_auto/c52f5c_d25c49d31a01457e89a9548d42cf3903~mv2.jpg)
REDE NATURA
UNHA XOIA NATURAL
O espazo natural ZEC Carnota-Monte Pindo está catalogado como zona especial de conservación, dentro da Rede Natura 2000. A área que comprende o monte Pindo, a praia de Carnota, o sistema dunar e as marismas asociadas, atesoura un dominio de hábitats de interese comunitario.
Un espazo natural que acolle multitude de especies animais e vexetais que conforman ecosistemas únicos. Pódense atopar especies de flora como o carballo anano (Quercus lusitanica) incluida no Catálogo Galego de Especies Ameazadas; o musgo de turbera (Sphagnum pylaisii); mamíferos como a lontra (Lutra lutra); aves como a píllara papuda (Charadrius alexandrinus) que elixe Carnota como un dos poucos lugares de Galicia para aniñar; ou invertebrados como o escaravello das aciñeiras (Cerambyx cerdo), entre outras.
![Rede Natura Carnota2.jpg](https://static.wixstatic.com/media/c52f5c_d9ac2391511443dc813f57e37034e2b6~mv2.jpg/v1/fill/w_982,h_553,al_c,q_85,usm_0.66_1.00_0.01,enc_avif,quality_auto/Rede%20Natura%20Carnota2.jpg)
![Rede Natura Carnota3.png](https://static.wixstatic.com/media/c52f5c_91b20310f2ec43e78e8f53b8a6fe7345~mv2.png/v1/fill/w_980,h_551,al_c,q_90,usm_0.66_1.00_0.01,enc_avif,quality_auto/Rede%20Natura%20Carnota3.png)