top of page

RUTA MUSEO

Aqueolóxico Aberto

O Museo Arqueolóxico Aberto é un espazo natural que transcorre ao longo de máis de 10,5 km, a través dos cales se atopan sete espazos arqueolóxicos de distintas épocas e tipoloxías, seleccionados dentro da gran riqueza cultural que se distribúe polo territorio de Carnota, onde se poden contabilizar arredor de oitenta sitios arqueolóxicos.


O museo inclúe os petróglifos de Prousos Magos, A Laxe Escrita, Rego Lamoso, O Afilladuiro e As Laxiñas; e tamén o Castro de Mallou e a Torre dos Mouros. Todos estes espazos ofrecen unha ruta a través da historia, dende a Idade de Bronce ata os nosos días. Alcanzan unha cota de máis de 300 m, dende onde se pode desfrutar das incomparables vistas de Carnota: o seu areal, de case 7 km; o Faro de Fisterra, a Ría de Corcubión e o Monte Pindo, protexendo a contorna.


O acceso aos diferentes xacementos do Museo Arqueolóxico Aberto están debidamente sinalizados ao longo da Senda Verde e tamén a través de paneis informativos nos accesos o que facilita a visita, xa que posibilitan a selección de diferentes percorridos. Os máis destacados son os de de Lira, Mallou, Carnota e Louredo.

 

As características deste museo ao aire libre permiten facer unha ruta a pé ou en bicicleta a calquera hora do día, combinando cultura, turismo e deporte.

 

*Recoméndase consultar o estado do roteiro antes de realizala.

​

> Distancia

> Desnivel positivo

> Dificultade técnica

> Desnivel negativo

> Altitude máxima

> Trailrank

> Altitude mínima

> Tipo de ruta

9,22 km

287 m

Moderado

287 m

257 m

32

-21 m​

Circular

museo arqueoloxico aberto.jpg

CARACTERÍSITCAS

Museo Arqueolóxico Aberto2.jpeg
Museo Arqueolóxico Aberto.jpg
Museo Arqueolóxico Aberto3.jpeg
bottom of page