top of page
A MOA.jpg

MONTE PINDO

O OLIMPO CELTA

De visita obrigada para amantes da natureza, o Monte Pindo érguese dende o propio mar coma un xigante de 627 metros de altura. Baixo a forma dunha mole granítica, inzada de misterio. Alberga infindade de lendas que nos falan de tesouros, raíñas, mouchos e mesmo bruxas. Cóntase tamén que no Monte Pindo rendían culto ao sol os celtas galegos, facendo del o seu Olimpo, e son abondosas as referencias que del se fan na literatura galega, o que contribuíron a asentar o seu carácter mítico.

​

A tradición popular sostén que no Monte Pindo descansan os retos da Raíña Lupa xunto cun tesouro de incalculable valor infindas veces buscado.

​

O traballo de erosión converteu este macizo nun rechamante conxunto de estrañas figuras zoomorfas e antropomorfas, que a imaxinación popular atribuíu, a miúdo, a forzas sobrenaturais. Abondará con botar unha atenta ollada ao noso redor para sorprendernos observando rochas que de súpeto se converten en xigantes, guerreiros, tartarugas, aguias e tantos outros seres como a nosa imaxinación se lle antolle.

​

Foron moitos os fuxidos republicanos que durante os difíciles anos da Guerra Civil buscaron acubillo neste monte, aproveitando os caprichos de natureza para refuxiarse. Paseando por estes paraxes podemos atopar exemplares de carballo anano (Quercus lusitánica), un pequeno arbusto que raramente supera o metro e medio de altura, con tendencia a medrar horizontalmente. Trátase dunha especie moi escasa que soupo coexistir con outros carballos, piñeiros e loureiros.

 

O monte Pindo un lugar inigualable para a práctica de sendeirismo. A pesar de que son infinitas as posibilidades que o entorno ofrece. Hai unha serie de rutas sinalizadas, de interese xeolóxico, etnográfico e botánico.

Monte Pindo 2.JPG

RUTAS MONTE PINDO

​

As rutas do Pindo están entre as máis extraordinarias de Galicia. Para descubrir o monte Pindo hai que camiñalo; só existe unha forma de rodearse desta beleza: internándose nel.   Recomendamos especialmente 2 percorridos para descubrir a maxia deste “gran coloso”. O que parte dende O Pindo e o que comeza na aldea do Fieiro. Camiños que transitan entre enormes bolos graníticos e rochas antropomorfas que conducen a impoñente Laxa da Moa situada a 627 m sobre o nivel do mar. Os segredos que agochan estas pedras son un espectáculo para os sentidos, unha experiencia única que vivirás percorrendo estes sendeiros.

*Existen outras rutas de díficil acceso como o pico Penafiel ou A Cova da Xoana non aptas para todos os públicos polo seu nivel de dificultade. Para estas últimas rutas recomendamos consultar previamente o seu estado.




R1 - RUTA DENDE O FIEIRO
R2 - RUTA DENDE O PINDO

Penafiel.JPG
Caballo Pindo.jpg
O Xigante da Mina.jpg
bottom of page