top of page


Aberto o prazo de inscrición para participar cun posto no Mercado e Festa de Fin de Ano de Carnota
O Concello de Carnota organiza, un ano máis, un mercado de Nadal os días 26 e 27 de decembro de 2026 e a Festa de Fin de Ano, que contará con actuación musical a cargo dunha orquestra e unha discoteca móbil. As persoas, entidades ou empresas interesadas en instalar un posto no mercado (comercio, artesanía, restauración, cantina, entre outros) deberán presentar a correspondente solicitude, a través do seguinte formulario, entre os días 21 de outubro e 21 de novembro de 2026. T
2 days ago


Volven as Noites Espectaculares: o ciclo de teatro de outono en Carnota
O Concello de Carnota presenta un ano máis a súa programación teatral de outono, unha cita xa consolidada na axenda cultural municipal. A partir do 23 de outubro, o auditorio do Viso volverá encherse de historias, humor, emoción e creatividade coa nova edición de Noites Espectaculares. Este ano o ciclo chega con novidades: por primeira vez, a programación inclúe espectáculos para todos os públicos, combinando propostas para adultos con funcións pensadas especialmente para fam
Oct 9


A Praia de Carnota puxo a proba aos corredores na XXXIII Carreira das Areas
Carnota viviu este domingo unha xornada para o recordo coa celebración da XXXIII Carreira das Areas, unha edición histórica por ser a primeira que se desenvolveu fóra da tempada de verán. O cambio de datas non restou atractivo a unha das probas máis singularesdo calendario popular galego, que volveu converter a inmensa Praia de Carnota nun espectacular escenario deportivo. Os participantes das distancias de 3km e 10 km tiveron que facer fronte a un percorrido mui esixente, co
Sep 28


II Concurso de Fotografía “Carnota nun clic”
O Concello de Carnota convoca a segunda edición do Concurso de Fotografía “Carnota nun clic”, unha iniciativa que busca seguir poñendo en valor a riqueza natural, etnográfica e cultural do municipio a través da mirada das persoas participantes. O prazo de inscrición permanecerá aberto do 1 ao 31 de outubro de 2026, período no que calquera persoa interesada poderá presentar as súas imaxes e contribuír a amosar a diversidade paisaxística e patrimonial de Carnota. Os/as autores/
Sep 23


Xornada "Castaña todo o ano"
A castaña é moito máis que un alimento de outono. É un produto ligado ao noso territorio, á nosa cultura e tamén unha opción moi interesante dentro dunha alimentación saudable. O vindeiro luns 14 de setembro ás 18:00 h, o Salón de Actos do Concello de Carnota acollerá unha charla con showcooking e degustación para descubrir novas formas de gozar da Castaña de Galicia durante todo o ano. Intervirán: Manuel López Pérez, secretario da IXP Castaña de Galicia. Ana Cristina Sánchez
Sep 2


O Monte Pindo avanza cara a un modelo de turismo sostible e de calidade
Os Concellos de Carnota, Dumbría e Mazaricos veñen de unir esforzos nun novo proxecto de turismo científico, unha iniciativa que busca poñer en valor este espazo natural único a través do coñecemento, da divulgación e da protección do seu patrimonio. A proposta conta co apoio da Deputación da Coruña, que achega 86.000 € para o desenvolvemento de actuacións clave, entre elas a mellora da sinalización de itinerarios que reforcen a seguridade das persoas visitantes e a creación
Aug 26


XXXIII Carreira das Areas
O vindeiro domingo 27 de setembro celebrarase en Carnota a XXXIII Carreira das Areas, novena proba do XI Circuíto Correndo pola Costa da Morte e integrada no calendario oficial da FGA. A participación está aberta a todas as persoas nacidas en 2023 e anos anteriores. Inscricións As inscricións estarán dispoñibles do 1 ao 22 de setembro ás 23:59 h na web oficial do circuíto: correndopolacostadamorte.com. Non se admitirán inscricións fóra de prazo. Recollida de dorsais A ent
Aug 25


Verán en Carnota: xa podes acceder ao programa completo de actividades
O Concello de Carnota presenta a programación de actividades de verán 2026, unha proposta pensada para gozar do territorio, do patrimonio e da natureza e de unha ampla variedade de actividaes durante os meses de xullo e agosto. O programa inclúe rutas guiadas, contacontos, películas ao aire libre, festas e moitas máis actividades que conforman unha axenda moi completa para todolos públicos. Ao longo do verán, veciñanza e visitantes poderán participar en un sin fin de activida
Jun 17


Este verán vive Carnota paso a paso
O Concello de Carnota pon en marcha un novo programa de rutas guiadas para os meses de xullo e agosto, unha proposta pensada para que veciñanza e visitantes poidan descubrir a riqueza patrimonial, natural e paisaxística do municipio. As rutas terán lugar conforme ao seguinte calendario Rutas de xullo 8 de xullo – Lira e o seu patrimonio con saída ás 9:30 h 15 de xullo – Subida á Moa (Monte do Pindo) con saída ás 9:30 h 22 de xullo – Miradoiro de Lira e petróglifo das Laxiñas
Jun 12


Emotivo homenaxe ao heroico rescate da fragata Ariete nas festas dos Remedios Vellos de Lira
O pasado sábado 30 de maio, no marco das festas dos Remedios Vellos da parroquia de Lira, volveuse render homenaxe a un dos episodios máis destacados da súa historia recente: o rescate da fragata Ariete, afundida fronte á praia de Ardeleiro o 25 de febreiro de 1966. Aquel día, a embarcación da Armada Española naufragou a escasos metros da costa e foron os propios veciños e veciñas de Lira e alrededores quen, sen dubidalo, auxiliaron á tripulación. Grazas á súa valentía e á rá
Jun 11


Concentración nacional do Peugeot 205 con parada en Carnota
A Costa da Morte convértese no punto de encontro dos amantes do Peugeot 205. Os días 1, 2 e 3 de maio, máis de 40 unidades do mítico Peugeot 205 percorrerán a Costa da Morte dentro da concentración nacional anual organizada por Club-205.com e Club 205 España. O xoves 2 de maio farán parada en Carnota, onde poderán gozar da nosa paisaxe, rutas e gastronomía. Ademais de Carnota, a concentración visitará tamén Fisterra, Ézaro e Muxía, completando un itinerario que destaca pola s
Apr 27


Torneo 5×5 de balonmán en Carnota
Este sábado 25 de abril o pavillón de Carnota converterase no punto de encontro do balonmán base cun torneo 5×5 pensado para nenos e nenas nados entre 2010 e 2019. A participación é gratuíta e as prazas son limitadas, polo que se recomenda inscribirse canto antes. Os equipos deberán ser mixtos e contar con 5 a 8 xogadores, ademais dun responsable maior de 16 anos. A inscrición realízase exclusivamente a través do formulario. Para consultas ou máis información, as persoas inte
Apr 23


Abertas as inscricións para a XI Trail Viquinga do Concello de Carnota
O Departamento de Deportes do Concello de Carnota e o Club O Jerreiro organizan o vindeiro domingo 31 de maio a XI Trail Viquinga, unha das probas deportivas máis destacadas do municipio, aberta á participación de persoas de todas as idades, tanto menores como adultas. A carreira contará con diferentes categorías e distancias adaptadas a cada grupo de idade. Na seguinte táboa poderanse consultar as categorías, percorridos e horarios de saída: Todas as probas terán a súa saída
Apr 23


Cheo absoluto en Carnota no XIII Víndemo Ver tras unha intensa programación de actividades
Carnota acolleu do 2 ao 5 de abril a XIII Mostra de Promoción Local “Víndemo Ver-Mercado da Deputación” , unha celebración que converteu a praza de San Gregorio no epicentro da artesanía, tradición e cultura local. O evento, dedicado este ano ao Solpor , foi un éxito de asistencia e participación, reforzando a súa posición como un referente da promoción cultural e económica da comarca. Os visitantes puideron desfrutar dunha ampla oferta de produtos de proximidade, artesanía l
Apr 15


Reprogramada a Andaina pola Senda Azul e Senda Verde para o 15 de marzo
O Concello de Carnota e o Clube O Jerreiro poñen nova data para a andaina circular pola Senda Azul e Senda Verde, que tivera que ser aprazada por mor do mal tempo. A nova data xa está fixada para o vindeiro domingo 15 de marzo, así que volvemos ao camiño! Data : domingo 15 de marzo Distancia: aprox. 17 km Dificultade: media Saída : ás 09:30 h dende a pista polideportiva de Lariño (A Gándara). Inscricións: Socios/as do Club O Jerreiro: actividade gratuíta. A inscrición rea
Mar 11


A andaina do Solpor incluída dentro da programación do Víndemo Ver 2026
O Concello de Carnota, como xa ven sendo habitual, organiza unha andaina dentro da programación do XIII Víndemo Ver. Coincididindo coa temática da Mostra, este ano terá lugar a “Andaina do Solpor” , unha proposta que convida a veciñanza e visitantes a gozar da paisaxe e do atardecer nun percorrido pensado para vivir a natureza en primeira persoa. A actividade celebrarase o sábado 4 de abril, cun percorrido lineal duns 1 2 km e dificultade media , ideal para quen queira com
Mar 6


Carnota dedicará o XIII Víndemo Ver ao Solpor
O XIII Víndemo Ver contará co Mercado da Deputación e actividades para tódolos públicos. O Concello de Carnota leva varios anos recuperando elementos da memoria colectiva para converter cada edición do Víndemo Ver nunha viaxe pola historia local. Tras homenaxear ás leiteiras que camiñaban ata Muros, dedicouse unha edición ao millo, outra a sardiña e o seu procesado e tamén ao máxico e luminoso mar de ardora, este ano o protagonista será O Solpor. Do 2 ao 5 de abril, a praza
Mar 6


Excursión a San Andrés de Teixido
O Concello de Carnota organiza unha excursión a San Andrés de Teixido , que terá lugar o domingo 8 de marzo. A actividade está dirixida á veciñanza de todas as idades. A saída está prevista ás 9:00 horas dende o Concello de Carnota. A primeira parada será en San Andrés de Teixido, onde as persoas participantes poderán coñecer un dos santuarios máis emblemáticos de Galicia. A continuación, o grupo desprazarase ata Cedeira, onde se realizará o xantar. Pola tarde, a excursión f
Feb 6


Apertura do prazo para participar cun posto no XIII Víndemo Ver
Xa está dispoñible toda a información, requisitos e o procedemento da convocatoria , para aquelas persoas/entidades interesadas en participar cun posto ou cantina no XIII Víndemo Ver – Mercado da Deputación. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata as 23:59 horas do luns 2 de marzo de 2026 . Descargar modelo de instancia.
Feb 6


Novo folleto do Espazo Arqueolóxico Aberto de Carnota para facilitar a visita aos nosos xacementos
O Concello de Carnota conta cun novo folleto do Espazo Arqueolóxico Aberto de Carnota, elaborado para facilitar a visita e acompañarte na exploración do noso patrimonio arqueolóxico. O folleto está dispoñible para o público en galego, castelán e inglés no Departamento de Turismo do Concello. Tamén se pode descargar directamente na web: https://www.carnotaturismo.com/folletos
Jan 27
bottom of page
