Emotivo homenaxe ao heroico rescate da fragata Ariete nas festas dos Remedios Vellos de Lira
- 9 hours ago
- 2 min read
O pasado sábado 30 de maio, no marco das festas dos Remedios Vellos da parroquia de Lira, volveuse render homenaxe a un dos episodios máis destacados da súa historia recente: o rescate da fragata Ariete, afundida fronte á praia de Ardeleiro o 25 de febreiro de 1966.
Aquel día, a embarcación da Armada Española naufragou a escasos metros da costa e foron os propios veciños e veciñas de Lira e alrededores quen, sen dubidalo, auxiliaron á tripulación. Grazas á súa valentía e á rápida organización colectiva, conseguiron salvar ás 168 persoas que viaxaban a bordo. Un exemplo de solidariedade que quedou gravado na memoria da comunidade.
Seis décadas despois, e coincidindo coas festas dos Remedios Vellos, Lira recibiu a visita dunha delegación da Armada Española para lembrar aquel xesto heroico e participar nun acto conmemorativo no que contamos coa presenza da Real Irmandade de Veteranos das Forzas Armadas e do Mando das Unidades da Forza de Acción Marítima en Ferrol (COMAFER). Tamén estiveron presentes o xefe da Policía Local de Carnota, Francisco Vilabrille Caamaño, veciño de Carnota e membro do Corpo Nacional de Policía, que foi a persoa que tivo a iniciativa de nomear ao buque multipropósito A61 co nome de Carnota, que, xunto co alcalde de Carnota, participaron nesta emotiva homenaxe. A presencia de algún dos superviventes do naufraxio, fixo aínda máis especial esta homenaxe.
A comitiva asisitiu á misa solemne cantada pola Coral Polifónica Mar de Ardora da Escola Música Carnota Esmu. A continuación, tivo lugar a tradicional procesión, acompañada pola Banda de Música Santa Cruz de Rivadulla e portada por oficiais do Buque Multipropósito «Carnota», nunha mostra de respecto e lembranza cara a todas as persoas vinculadas a este acontecemento histórico.
O noso agradecemento a todas as persoas e entidades que contribuíron a manter viva esta historia de coraxe e humanidade, parte da memoria colectiva de Carnota.




















Comments