Xa coñecemos ás persoas gañadoras do II concurso de fotografía "Carnota nun Clic"
O Concello de Carnota xa ten gañadores da segunda edición do concurso de fotografía "Carnota nun clic", unha iniciativa que nace coa finalidade de promover e divulgar a riqueza paisaxística, natural, cultural e patrimonial do municipio a través da fotografía.
Nesta edición, o xurado destacou a alta calidade das imaxes presentadas e a variedade de recunchos e momentos que os concursantes capturaron coas súas cámaras.
Os resultados quedaron da seguinte maneira:
🥇 Primeiro premio: "O Xigante da Insuela", de José Miguel Barrantes Martín.
🥈 Segundo premio: "Maxia", de Patricia Tomé Rocha.
🥉 Terceiro premio: "Buscando a Crus do Santo", de María Denis Rodríguez Busto.
Ademais das tres obras premiadas, o xurado seleccionou un total de 12 fotografías finalistas que serán empregadas polo Concello para a elaboración do Calendario Municipal de Carnota 2027. Esta iniciativa permitirá que as imaxes escollidas continúen difundindo durante todo o ano a beleza, a identidade e o patrimonio do municipio.
Desde o Concello de Carnota queremos agradecer a participación de todas as persoas concursantes, cuxa implicación contribúe a seguir poñendo en valor o territorio e a fomentar a creatividade a través da fotografía. A elevada participación e a calidade das obras presentadas consolidan este certame como unha cita destacada para os amantes da fotografía e da promoción do patrimonio local.
Parabéns ás persoas premiadas e ás seleccionadas entre as fotografías finalistas.





Comments