PRAIAS
UN MAR DE VIDA
Os 30 km de litoral do concello de Carnota constitúen unha interminable sucesión de fermosas praias. Dende O Pindo ata Lariño contabilízanse máis de sete preciosas e acolledoras praias, coa indiscutible beleza de natureza en estado puro.
​
Praias e areais
Praia de Carnota
Praia de Caldebarcos
Praia da Boca do Río
Praia de San Pedro de O Pindo
Praia do Porto de Quilmas
Praia de Mar de Lira
Praia de Lariño
​Dende o 1 de xuño ata o 30 de setembro de cada ano, está prohibido o acceso de animais domésticos ás praias en todo o municipio agás no horario comprendido entre as 22:00 e as 11:00 horas do día seguinte, sempre que se cumpran as condicións reglamentarias.
​
​
Praia de Carnota
A praia de Carnota, con forma de media lúa, é un espazo natural de gran beleza e de grande interese medioambiental. Tras un inmenso areal, duns 7 km de lonxitude, érguese un conxunto único de dunas e marismas cunha lagoa interior que acolle comunidades vexetais e animais de gran interese. Para os afeccionados á observación das aves este é un lugar ideal, xa que serve de refuxio a multitude de especies nos seus movementos migratorios e outras que aquí, se asentan durante todo o ano, co engadido de ser un dos poucos lugares de Galicia onde aniña a píllara papuda.
No corazón da praia, a desembocadura do río Vadebois ofrece un marabilloso espectáculo na coñecida como Boca do Río.
Pola súa riqueza e variedade de ecosistemas, así como pola súa inestimable beleza, a praia de Carnota foi considerada pola revista xermana “Traum Stände” unha das cen mellores do mundo. Así mesmo, o boletín de noticias rentalia.com nunha sondaxe na que contaron máis de 1000 opinións sitúana entre as tres mellores de Galicia e recentemente foi recoñecida polo diario británcio The Guardian entre as 40 mellores de Europa.
Praia de Caldebarcos
Entorno semiurbano con calidades excepcionais para a práctica dos deportes náuticos dado aos frecuentes ventos e brisas costeiras. Area de cor branca.
Praia A Boca do Río
Entorno natural con pinares nas inmediacións da desembocadura do Río Vadebois. É a praia máis frecuentada pola súa beleza e servizos.
Dende ela pódese acceder ás praias da Berberecheira e Cangrexeira e as marismas de Caldebarcos, onde se poden observar diferentes tipos de aves.
Praia de Mar de Lira
Pequena e acolledora praia con bos accesos e vistas ao monte Pindo. A escasos metros da praia atópase un merendeiro, un parque infantil e un paseo de madeira que une Mar de Lira co porto de Portocubelo. Tamén ondeou a bandeira azul en varias ocasións.
Praia de San Pedro de O Pindo
Praia urbana con bos accesos situada aos pés do Olimpo Celta. Caracterízase pola cor azul turquesa das súas augas e por ter escaso oleaxe. Foi recoñecida en algunha ocasión con la bandeira azul.
Praia do Porto de Quilmas
Entorno portuario e abrigada, con area de cor dourada. Nela fondean embarcacións de recreo, así coma barcos pertencentes aos pescadores do lugar.
Praia de Lariño
Amplo areal de entorno virxe con area fina e branca. Enstá situada á esquerda de Punta Ínsua. Ideal para deportes náuticos coma o windsurf, surf ou kitesurf.