top of page

FERVENZA DE PEDRAFIGUEIRA
RECUNCHOS MÁXICOS
Partimos de Lamas de Castelo e continuamos paralelos ao río de Pedrafigueira e a carón do Bico do Santo. Durante o percorrido podemos apreciar mostras de vexetación autóctona, sobre todo de carballos e tamén ruínas de antigos muíños de auga.
Ademáis desta xoia da natureza, no transcurso do río Pedrafigueira pódense ver outros pequenos saltos de auga.
En días calorosos convértese nun refuxio, nun lugar imprescindible para visitar con tempo para degustalo pouco a pouco e durante o invierno loce no seu máximo esplendor como consecuencia da chuvia.


bottom of page
