
HÓRREOS XXL
ARQUITECTURA POPULAR
​
Este é un dos elementos polos cales Carnota é máis coñecida, e ningún visitante deixa de ver e admirar. Tanto o hórreo de Lira como o de Carnota son propiedade da Igrexa e está permitido visitalos en calquera momento de xeito gratuíto.
O seu uso orixinal era almacenar, secar e conservar o millo e outros produtos da terra. O seu deseño, de gran beleza, é realmente moi funcional. Ámbolos dous hórreos contan con 22 pares de pés co fin de manter os alimentos afastados da humidade ou dos animais e de numerosas ranuras horizonatais para favorecer a ventilación. Porén, coa progresiva desaparición da agricultura tradicional perdeuse a súa funcionalidade orixinal para converterse en elementos decorativos. Actualmente a lei protexe a súa conservación.
No Concello de Carnota están inventariados cerca dos 900 hórreos pero, sen dúbida, os de Carnota e Lira son os máis representativos do municipio, chegando a recoñecerse o primero como Monumento Nacional e o máis grande de estilo Noia.
​
Con todo, existe desde sempre certa rivalidade sana entre os vecinos das parroquias de Lira e Carnota sobre cal dos dous hórreos é merecedor do galardón “ao máis grande”.

Hórreo de Carnota
​
O Hórreo de Carnota foi construido no 1768, pero foi en 1783 cando se ampliou con 11 novos pares de pés. Ten 34,76 metros de longo e 1,90 metros de ancho.
De planta rectangular, presenta cámara cerrada con filas horizontais que deixan entre elas ranuras para a ventilación. Ten 22 pares de pés. En un dos lados abrense tres portas para acceder ao interior e posúe pináculos de estilo barroco. Termina en unha cruz sentada sobre unha bola.
​

Hórreo de Lira
​O Hórreo de Lira, foi construído entre 1779 e 1814, aparece elevado sobre una plataforma de pedra, para salvar a irregularidade do terreo. Ao igual que o de Carnota, posúe 22 pares de pés, pero ten 36,53 metros de longo e 1,60 metros de ancho.
Ademáis destes dous grandes hórreos, destacan outros moitos exemplos de dimensións máis reducidas no municipio que se atopan a veces agrupados, como os os de Lira (moi próximos ao hórreo de Lira), os de Nóutigos, etc.
​
Dende 2013 celebrase, cada verán, unha gran festa de exaltación da cultura popular nas inmediacións do hórreo de Lira, organizada pola Asociación Cultural Canal de Lira, que xera moita expectación e que inclúe teatro popular, música en directo e degustación de empanadas de millo.
