top of page
Search

O Concello de Carnota abre inscricións para unha excursión á feira de Vila Nova de Cerveira

30 minutes ago
1 min read

O Concello de Carnota pon en marcha unha nova proposta de lecer e convivencia coa organización dunha excursión á feira de Vila Nova de Cerveira o vindeiro 14 de novembro.


A actividade está aberta a persoas de todas as idades aínda que os/as menores deberán asistir acompañadas por un adulto.


O prezo da excursión é de 43€ euros por persoa e inclúe o desprazamento en autobús, a comida e o seguro de viaxe.


As inscricións permanecerán abertas ata o luns 9 de novembro, ou ata completar as prazas dispoñibles. As persoas interesadas poden formalizar a súa reserva no Departamento de Cultura e Turismo ou chamando ao teléfono 610 228 083.


As prazas son limitadas e asignaranse por rigorosa orde de inscrición. Para que a excursión se poida levar a cabo é necesaria a inscrición dun número mínimo de participantes. No caso de que se cubran todas as prazas, as persoas empadroadas en Carnota terán prioridade.



 
 
 

Comments


bottom of page