Aberto o prazo de inscrición para participar cun posto no Mercado e Festa de Fin de Ano de Carnota
O Concello de Carnota organiza, un ano máis, un mercado de Nadal os días 27 e 27 de decembro de 2025 e a Festa de Fin de Ano, que contará con actuación musical a cargo dunha orquestra e unha discoteca móbil.
As persoas, entidades ou empresas interesadas en instalar un posto no mercado (comercio, artesanía, restauración, cantina, entre outros) deberán presentar a correspondente solicitude, a través do seguinte formulario, entre os días 21 de outubro e 21 de novembro de 2026.
Tanto o Mercado de Nadal como a Festa de Fin de Ano desenvolveranse no interior dunha carpa situada na Praza de San Gregorio, en Carnota. Por este motivo, o número de postos e de cantinas será limitado. No caso das cantinas, terán prioridade as solicitudes presentadas por asociacións culturais.
Se o número de solicitudes recibidas supera a capacidade de postos que, por razóns organizativas e de espazo, poidan instalarse na carpa, realizarase un sorteo público no Salón de Plenos do Concello o día 18 de novembro de 2026 ás 12:00 horas. Este sorteo levarase a cabo de maneira independente para cada modalidade de posto.
Consulta as bases.





Comments