Xa está dispoñible para a súa recollida o calendario 2027 coas imaxes finalistas do II concurso “Carnota nun clic”
O Concello de Carnota xa ten dispoñible para a súa recollida o Calendario de Carnota 2027. O calendario inclúe as doce fotografías finalistas da segunda edición do II concurso de fotografía "Carnota nun clic".
A iniciativa busca poñer en valor a riqueza paisaxística, cultural e humana do municipio a través da mirada das persoas participantes, que plasmaron en imaxes diferentes recunchos, momentos e perspectivas de Carnota. As fotografías seleccionadas serán as encargadas de acompañarnos cada mes do ano no calendario municipal.
As persoas interesadas poderán recoller o seu exemplar de forma gratuíta na Casa do Concello, en horario de 08:30 a 14:00 horas, ata finalizar existencias.
Dende o Concello queremos agradecer a todas as persoas que participaron nesta edición do concurso, contribuíndo unha vez máis a divulgar e promocionar o patrimonio natural e cultural de Carnota a través da fotografía.





Comments