Vive o Nadal en Carnota cun montón de actividades para toda a familia
O Concello de Carnota presenta unha ampla programación de Nadal pensada para que veciñanza e visitantes poidan gozar destas datas tan especiais a través de actividades culturais, deportivas, lúdicas e familiares. Dende os máis pequenos ata os maiores, a axenda inclúe as seguintes propostas para compartir, crear recordos e vivir o espírito do Nadal en comunidade, enchendo de maxia, encontro e ilusión cada recuncho do municipio:
11 DECEMBRO: A praia do demo de Teatro Terra de Outes, un espectáculo de teatro cómico para público adolescente e adulto dentro da programación cultural de outono Noites Espectaculares. Unha proposta baseada na obra de Carlos Outeiral “Langas”, que inclúe tamén a peza Pedida de man, de Antón Chekhov, nun espectáculo cheo de humor e emoción.
Auditorio Municipal (O Viso) | 21:00 h.
13 DECEMBRO: III San Silvestre do Club O Jerreiro, nas modalidades de carreira e andaina. As persoas participantes deben acudir disfrazadas. Ao remate, haberá chocolate con churros para repoñer as forzas.
Información completa e inscricións: www.cronotec.es.
16 DECEMBRO: Concerto de Nadal da ESMU.
Auditorio Municipal (O Viso) | 19:00 h.
18 DECEMBRO: Vicki e a felicidade de Bandullo Azul, un espectáculo de teatro para público familiar sobre a importancia da empatía, a igualdade e os coidados. Vicki é un neno que goza bailando e cantando, pero vive nunha aldea onde as persoas sempre están de mal humor. Un día, tras unha conversa coa súa, avoa decide buscar a felicidade e intentar devolver a alegría á xente da súa aldea… Lograrao?
Auditorio Municipal (O Viso) | 18:00 h.
22 DECEMBRO: Recepción de Papá Noel para a rapazada.
Auditorio Municipal (O Viso) | 18:00 h.
23 DECEMBRO: Cantar o Nadal con María Faltri, un espectáculo musical participativo dirixido a público familiar, para celebrar o Nadal recuperando panxoliñas tradicionais e reinterpretando en galego os vilancicos clásicos máis populares. Un repertorio alegre e compartido, pensado para cantarmos xuntas, pequenas e maiores, unir culturas e espallar o espírito do Nadal a través da música e a emoción colectiva. Para reforzar a experiencia, achegaranse textos que axudarán a seguir as cancións e pequenos instrumentos de percusión.
Auditorio Municipal (O Viso) | 12:00 h.
26 e 27 DECEMBRO: Mercado de Nadal. Praza de San Gregorio (baixo carpa).
Sábado 26: Mercado con postos locais, de 11:00 h a 14:30 h e de 17:00 h a 20:30 h.
Actuación musical das Pandeireteiras da Solaina ás 13:00 h.
Obradoiro infantil de Somos Enredos ás 17:30 h.
Domingo 27: Mercado con postos locais, de 11:00 h a 14:30 h.
Obradoiro familiar de decoracións de Nadal ás 13:00 h.
28 DECEMBRO: Travesía Unicornio de Teatro Ghazafelhos, unha adaptación ao teatro de Pepablo Patinho do texto de María Canosa gañador da primeira edición do Premio Anisia Miranda de teatro infantil. Un neno e o seu unicornio atópanse cunha xenia que lles promete facer realidade os seus desexos. Estes deberán escoitarse e aceptarse, pero o máis importante é que deberán aceptarse tamén os desexos das demais persoas para que se cumpran os propios. Travesía Unicornio é unha obra chea de humor que cambia os roles tradicionais de xénero e abre as portas a que as nenas e os nenos decidan libremente sobre os seus gustos.
Auditorio Municipal (O Viso) | 12:00 h.





Comments