top of page
Search

Este verán vive Carnota paso a paso

  • 7 hours ago
  • 2 min read

O Concello de Carnota pon en marcha un novo programa de rutas guiadas para os meses de xullo e agosto, unha proposta pensada para que veciñanza e visitantes poidan descubrir a riqueza patrimonial, natural e paisaxística do municipio. As rutas terán lugar conforme ao seguinte calendario


Rutas de xullo

  • 8 de xullo – Lira e o seu patrimonio con saída ás 9:30 h

  • 15 de xullo – Subida á Moa (Monte do Pindo) con saída ás 9:30 h

  • 22 de xullo – Miradoiro de Lira e petróglifo das Laxiñas (nocturna)  con saída ás 21:30 h

  • 29 de xullo – Visita audioguiada polo Pindo con saída ás 11:00 h


Rutas de agosto

  • 5 de agosto – Hórreo de Carnota e petróglifo da Laxe Escrita (nocturna)  con saída ás 21:30 h

  • 12 de agosto – Subida á Moa (Monte do Pindo) con saída ás 9:30 h

  • 19 de agosto – Lira e o seu patrimonio con saída ás 9:30 h

  • 26 de agosto – Visita audioguiada polo Pindo con saída ás 11:00 h


Inscricións e prezo

As prazas son limitadas e deberanse reservar con antelación no seguinte formulario.

As rutas teñen un custo de 3 € por persoa que se deberán ingresar na conta do Concello (2080 0334 8731 1000 0035) indicando o nome do/a participante e a ruta a que se inscribe, agás a visita audioguiada polo pobo do Pindo que se pagará en efectivo na Confraría do Pindo ao inicio da ruta. A inscrición e o pago deberán realizarse antes do día previo á ruta, ata as 11:00 h. no


Para máis información, pode consultarse a web de turismo municipal: www.carnotaturismo.com


Estas actividades ofrecen unha oportunidade excepcional para mergullarse na historia, na natureza e nos espazos máis singulares de Carnota. Un verán perfecto para descubrir o territorio con outra mirada e gozar dun patrimonio único.



 
 
 

Comments


bottom of page