top of page
Search

II Concurso de Fotografía “Carnota nun clic”

Sep 23
1 min read

O Concello de Carnota convoca a segunda edición do Concurso de Fotografía “Carnota nun clic”, unha iniciativa que busca seguir poñendo en valor a riqueza natural, etnográfica e cultural do municipio a través da mirada das persoas participantes.


O prazo de inscrición permanecerá aberto do 1 ao 31 de outubro de 2026, período no que calquera persoa interesada poderá presentar as súas imaxes e contribuír a amosar a diversidade paisaxística e patrimonial de Carnota.


Os/as autores/as das fotografías gañadoras recibirán 3 premios consistentes en tres vales para gastar en establecementos situados no termo municipal de Carnota que se distribuirán da seguinte maneira:  

  • 1º premio: 150 €

  • 2º premio: 100 €

  • 3º premio: 50 €


Consulta as bases do concurso e anímate a PARTICIPAR, para mostrarnos aqueles recunchos que fan de Carnota un lugar único.



 
 
 

Comments


bottom of page