top of page
Search

XXXIII Carreira das Areas

  • 11 minutes ago
  • 2 min read

O vindeiro domingo 27 de setembro celebrarase en Carnota a XXXIII Carreira das Areas, novena proba do XI Circuíto Correndo pola Costa da Morte e integrada no calendario oficial da FGA. A participación está aberta a todas as persoas nacidas en 2023 e anos anteriores.

 

Inscricións

As inscricións estarán dispoñibles do 1 ao 22 de setembro ás 23:59 h na web oficial do circuíto: correndopolacostadamorte.com. Non se admitirán inscricións fóra de prazo.

 

Recollida de dorsais

A entrega de dorsais realizarase o día da carreira a partir das 9:00 h na contorna do Hórreo de Carnota; en caso de chuvia, na Casa da Xesteira.

 

Servizos

  • Gardarroupa: contorna do Hórreo de Carnota

  • Duchas: Pavillón polideportivo de Carnota

  • Aseos: Casa da Xesteira

 

Horarios das probas

  • 10:15 h – Sub 10

  • 10:30 h – Sub 12

  • 10:45 h – Pitufos

  • 11:00 h – Proba 3K Contra o Cancro

  • 11:05 h – 3K Sub 14, Sub 16 e Sub 18 Contra o Cancro

  • 11:45 h – Proba 10K

 

Percorridos

Os percorridos completos poden consultarse en Racemapp a través da web do circuíto.

  • Carreira de 3 km — Percorrido lineal


    A proba de 3 km terá saída na Praia de Mallou e meta no Hórreo de Carnota, cun inicio previsto ás 11:00 h. As persoas participantes percorrerán 1,5 km pola area, enlazarán coa pasarela de madeira e continuarán pola estrada da praia ata a meta.


    Para facilitar o desprazamento, habilitarase un servizo de autobuses lanzadeira desde a Casa da Xesteira ata a Praia de Mallou. O último bus sairá ás 10:40 h, polo que se recomenda chegar con antelación. Durante a inscrición, cada participante deberá indicar se utilizará o servizo de lanzadeira.

 

Colaboración solidaria

A proba 3K forma parte da iniciativa Contra o Cancro, en colaboración coa Asociación Provincial Contra o Cancro. A recadación será entregada á entidade na gala final do circuíto. Tamén estará dispoñible a modalidade Fila 0 para quen desexe colaborar sen participar nas probas.

Carnota agarda por todas e todos para unha nova edición desta emblemática carreira.



 
 
 

Comments


bottom of page