Concentración nacional do Peugeot 205 con parada en Carnota
- 3 days ago
- 1 min read
A Costa da Morte convértese no punto de encontro dos amantes do Peugeot 205. Os días 1, 2 e 3 de maio, máis de 40 unidades do mítico Peugeot 205 percorrerán a Costa da Morte dentro da concentración nacional anual organizada por Club-205.com e Club 205 España.
O xoves 2 de maio farán parada en Carnota, onde poderán gozar da nosa paisaxe, rutas e gastronomía.
Ademais de Carnota, a concentración visitará tamén Fisterra, Ézaro e Muxía, completando un itinerario que destaca pola súa beleza e polo carácter único da nosa costa.





Comments