top of page
Search

Abertas as inscricións para a XI Trail Viquinga do Concello de Carnota

  • 1 day ago
  • 1 min read

Updated: 4 hours ago

O Departamento de Deportes do Concello de Carnota e o Club O Jerreiro organizan o vindeiro domingo 31 de maio a XI Trail Viquinga, unha das probas deportivas máis destacadas do municipio, aberta á participación de persoas de todas as idades, tanto menores como adultas.


A carreira contará con diferentes categorías e distancias adaptadas a cada grupo de idade. Na seguinte táboa poderanse consultar as categorías, percorridos e horarios de saída:



Todas as probas terán a súa saída desde o Pavillón de Lamas de Castelo, onde tamén se habilitarán as mesas de recollida de dorsais. A entrega de dorsais realizarase a partir das 08:00 horas, podendo retirarse ata 15 minutos antes do inicio da proba correspondente.


INSCRICIÓNSAs inscricións deberán formalizarse a través da web www.cronotec.es. O prazo permanecerá aberto ata o 27 de maio ás 23:59 horas, ou ata completar as prazas dispoñibles. As inscricións estarán limitadas a 400 prazas para as persoas participantes nos Trails Medelas e Laxiñas e 200 prazas para ascategorías base.


Os termos e condicións son os seguintes:

Prezo para maiores de 18 anos: 10 €

Menores: inscrición gratuíta

Autorización de menores: requírese autorización paterna/materna, dispoñible en cronotec.es e carnota.gal

Non se admitirán inscricións fóra de prazo nin devolucións


A organización ofrece tamén unha comida post carreira, cun menú composto por ensaladilla, callos, carne ao caldeiro, bebida, café e postre. Os prezos son:

  • Participantes: 10 €

  • Acompañantes: 15 €


Localización

A saída e a recollida de dorsais terán lugar no Pavillón de Lamas de Castelo. A ubicación exacta pode consultarse aquí:https://goo.gl/maps/4boWxz4X69nYQREq9

Consulta o regulamento.



 
 
 

Comments


bottom of page