Cheo absoluto en Carnota no XIII Víndemo Ver tras unha intensa programación de actividades
- 1 day ago
- 2 min read
Carnota acolleu do 2 ao 5 de abril a XIII Mostra de Promoción Local “Víndemo Ver-Mercado da Deputación”, unha celebración que converteu a praza de San Gregorio no epicentro da artesanía, tradición e cultura local. O evento, dedicado este ano ao Solpor, foi un éxito de asistencia e participación, reforzando a súa posición como un referente da promoción cultural e económica da comarca.
Os visitantes puideron desfrutar dunha ampla oferta de produtos de proximidade, artesanía local, postos gastronómicos e actividades ao aire libre.
A feira abriu as súas portas o xoves co acto de inauguración no Auditorio do Viso. O alcalde, Juan Manuel Saborido, foi o encargado de abrir o acto e destacou a importancia deste tipo de iniciativas para impulsar a economía local e fomentar o consumo de proximidade. A continuación, tivo lugar a intervención de Nando Lestón sobre a influencia do solpor na pintura. Durante o acto presentouse o espectáculo audiovisual inmersivo “Os nosos ceos: Costa da Morte”, de Antonio Nodar e Frank Bushmann. A peza, realizada en time-lapse, na que recolleu a evolución do ceo desde un punto de Carnota ao longo dun amplo período de tempo, mostrando diversos fenómenos atmosféricos, entre eles solpores e mesmo auroras boreais, que sorprenderon especialmente ao público.Un ano máis contamos coa presenza da fotoperiodista de La Voz de Galicia, Ana García, quen presentou a súa exposición “En busca del rayo verde. Atardeceres en el último segundo del sol”, unha colección de imaxes que capturan momentos únicos do solpor e as historias que se agochan detrás deles.
As actividades deportivas, como a XIII Ruta BTT, transcorriu sin incidencias e a V Xincana de bicicletas na que participaron os máis pequenos tivo tamén unha gran acollida. Na andaina temática “Andaina do Solpor” do sábado congregou a máis de cen afeccionados á natureza nun percorrido de arredor de 12 km desde o alto de Louredo ata Carnota, ofrecendo vistas espectaculares da nosa contorna sobre todo da ladeira de Carnota.
A música e as actuacións culturais puxeron a nota festiva, destacando os concertos de Chiña, The Balayos, Los Lunes al Sol, Tiam GZ, Xian Pais e Ortiga. Ademais, as actividades para a rapazada, como os obradoiros de cerámica e cestería, xogos tradicionais e espectáculos, mantiveron aos máis pequenos entretidos durante os catro días.
A feira tamén foi unha oportunidade para mergullarse na historia e cultura mariñeira grazas as exposición temática “Un mar de cunchas” e a exposición de fototografías “En busca del rayo verde. Atardeceres en el último segundo del sol” da fotoperiodista de La Voz de Galicia, Ana García que se puideron desfrutar no stand do Concello de Carnota- Deputación da Coruña durante todo o evento.
Con esta edición, Carnota reafirma o éxito da súa aposta pola tematización, ofrecendo un evento que non só destaca pola súa capacidade de por en valor o patrimonio local e polo seu ambiente familiar.
VÍDEO RESUMO DO XIII VÍNDEMO VER




















































Comments