top of page

Espazo Arqueolóxico Aberto 

RUTA 

O Espazo Arqueolóxico Aberto é unha ruta de arredor de 10,5 km, que permite descubrir sete xacementos de distintas épocas e tipoloxías, seleccionados dentro da gran riqueza cultural de Carnota, onde se poden contabilizar ata cerca de oitenta sitios arqueolóxicos. O Espazo ofrece un percorrido pola historia, dende a Idade de Bronce ata os nosos días.

Esta ruta inclúe os petróglifos de Prousos Magos, A Laxe Escrita, Rego Lamoso, O Afilladuiro e As Laxiñas; así como o Castro de Mallou e a Torre dos Mouros.

O acceso aos diferentes xacementos están debidamente sinalizados ao longo da Senda Verde e tamén a través de paneis informativos nos accesos o que facilita a visita e permite escoller entre varios itinerarios que poden empezar dende Lira, Mallou, Carnota e Louredo.

 

A máis de 300 m de altitude, os camiños brindan tamén vistas privilexiadas do areal de Carnota, de case 7 km; do Faro de Fisterra e do Monte Pindo.

 

Grazas as características deste museo ao aire libre, a ruta pódese percorrer a pé ou en bicicleta a calquera hora do día, combinando cultura, turismo e deporte.

 

*Recoméndase consultar o estado do roteiro antes de realizala.

> Distancia

> Desnivel positivo 

> Dificultade

> Desnivel negativo

> Altitude máxima

> Altitude mínima

> Tipo de ruta

12,59km

377 m

Moderado

273 m

318 m

186 m

Lineal

museo arqueoloxico aberto.jpg

CARACTERÍSTICAS

Museo Arqueolóxico Aberto.jpg
Museo Arqueolóxico Aberto3.jpeg
bottom of page