top of page
faro-larino-carnota.jpg

FARO DE LARIÑO

lUZ CARA Ó DESTINO

Destaca o faro de Punta Insua en Lariño. Está situado na punta do mesmo nome, construido en 1920 para iluminar a costa dende a Ría de Muros ata Corcubión. Posúe un corpo lonxitudinal, que se complementa con unha torre cilíndrica que alberga na parte superior a lente que ilumina o camiñar dos barcos.

​

Trátase dun amplo edificio con planta en forma de U obra do enxeñeiro Salvador López Miño. Construído en pedra, recebado e pintado de branco. Pegada ao muro oeste, érguese maxestosamente a torre do faro, de 14 metros de altura, coroada por unha cúpula cun cataventos metálico, onde figura o ano da súa inauguración.


Ata finais dos anos 80 foi a residencia de sucesivos torreiros e das súas familias e, a partir de 2021, habilítase como establecemento de aloxamento turístico, para converterse nun dos hoteis máis singulares e exquisitos de toda Galicia, pero conservando a súa finalidade principal como faro.


Na actualidade o faro emite unha luz branca e vermella que alcanza unha distancia de 20 millas.


Á dereita do faro comeza un sendeiro que une as parroquias de Lariño e Lira pola beira do mar.


Dende este lugar privilexiado pódense ver ademáis unhas fermosas postas de sol.

faro-larino-carnota-2.jpg
bottom of page