Andaina do solpor
- marialago67
 - Sep 9
 - 1 min read
 
Updated: Sep 18
Volvemos a camiñar xuntos!
O sábado 20 de setembro repetimos a Andaina do Solpor, unha ruta pensada para gozar da posta de sol polo monte de Carnota. O percorrido será lineal, cunha distancia aproximada de 12 km e unha dificultade media, ideal para conectar coa natureza e co bo ambiente.
A marcha comezará ás 19:00 h dende o antiguo mirador de Louredo e rematará no Concello. Para facilitar o tralado, disporase dun servizo de autobús que sairá ás 18:30 h dende o Concello ata o punto de inicio.
É imprescindible levar lanterna, xa que parte do traxecto realizarase con pouca luz e queremos garantir a seguridade de todas as persoas participantes.
Inscricións:
Socios/as do Club do Jerreiro: actividade gratuíta. A inscrición realizarase a través do grupo de WhatsApp do club.
Non socios/as: deberán cubrir o seguinte formulario de inscrición e realizar un ingreso de 3 € por persoa na conta: ES84 2080 0334 8731 1000 0035, indicando o nome do participante.
O prazo para inscribirse remata o xoves 17 de setembro ás 12:00 h.
Consulta o track da ruta e prepárate para unha experiencia inesquecible!





Comments