Carnota énchese de cultura coas "Noites Espectaculares" 2025
- marialago67
- 16 hours ago
- 1 min read
O Concello de Carnota continúa coa xa consolidada programación das Noites Espectaculares, unha proposta cultural que enche de vida o Salón de Plenos durante os meses de outono e comezos do inverno.
A iniciativa inclúe catro citas nocturnas con entrada libre, pensadas para achegar o teatro, a narración e o audiovisual á veciñanza nun ambiente íntimo e acolledor.
Todas as funcións terán lugar ás 21:00 h, con acceso gratuíto ata completar aforo.
Este ano contaremos cas seguintes actuacións:
17 de outubro: Dentro do ciclo Outono das Artes, proxectarase o documental Lévame a idea, unha peza que convida á reflexión e á emoción.
7 de novembro: A compañía Tarabela Creativa presenta O que non estaba escrito, unha contada que mestura palabra e sentimento.
21 de novembro: Farrapo de Gaita trae a comedia teatral Mamá, unha obra que promete gargalladas e tenrura.
12 de decembro: O grupo Teatro Amador Terra de Outes despide o ciclo cunha versión cómica e moi galega de Molière: O Doente Imaxinario, Daquela Maneira.
Con esta programación, Carnota reafirma o seu compromiso coa cultura de proximidade, ofrecendo espectáculos de calidade.





Comments