top of page
Search

O Entroido en Carnota 2025

Updated: Feb 7

Dende o Departamento de Cultura e Deportes informámosvos da programación do Entroido 2025 no Concello de Carnota:


Sábado 1 de marzo:

Vístete de entroido e paséate pola túa parroquia no tren!!!! . A rapazada poderá subir e pasear pola parroquia dentro do tren durante uns minutos. O tren dispón de 23 prazas e realizará as seguintes paradas: O PINDO (no Porto sobre as 11:00 h), SAN MAMEDE (no Campo do Viso sobre as 12.30 h), LARIÑO (no Centro Social Xosé de Torea sobre as 15:45 h), LIRA (diante da Casa do Mar sobre as 16.30 h) e CARNOTA (diante do Concello a partir das 18:00 h). AS HORAS SON APROXIMADAS.

Batukada “Bloco Breogá”. A agrupación de percusión carnotá Bloco Breogá acompañaranos un ano máis cos seus ritmos polas rúas de Carnota, facéndonos gozar da música e do bo ambiente. A partir das 17.00h da tarde.

Festa de Entroido : FESTA HOLI EN BRANCO. Trátase dunha tarde divertida na praza de Carnota (se o tempo o permite).

Comezaremos ás 16.30 h co CONCURSO DE DISDRACES.  As persoas participantes deberán cubrir unha ficha de inscrición; os da modalidade colectiva antes do día 25 de febreiro no Departamento de Cultura do Concello de Carnota; os da modalidade individual pódeno facer na mesma Praza de 16.00 a 16.30h.

A música que vaian utilizar, deben traela nun pen drive xa preparada.

Modalidades

  • MODALIDADE INDIVIDUAL: Toda persoa, de calquer idade, que veña disfrazada poderá participar no desfile pola praza (se non chove) para lucir as súas vestimentas. Ao rematar o desfile, poderán botar unha regueifa ou unhas coplas, así como cantar, bailar ou o que se lles antolle para facer a entroidada completa.

  • MODALIDADE GRUPAL: Ao remate do individual, dará comezo o desfile grupal onde cada grupo mostrará os seus traxes e desfilará con maior ou menor graza, pero lucindo os seus entroidos. Ao rematar o desfile, poderán botar unha regueifa ou unhas coplas, así como cantar, bailar ou o que se lles antolle para facer a entroidada completa.

Haberá premios en cheques regalo para invertir en negocios do Concello.

Consulta as bases do concurso.

 

 

 

M. INDIVIDUAL

M. COLECTIVA

  1º

 70 €

 200 €

50 €

150 €

 3º

30 €

100 €

 

A partir das 17.30h, dispois do concurso, comezarán os obradoiros de entroido para a rapazada, un de Chapas e outro de máscaras e contaremos tamén cun DJ en cabina móbil.

Está prevista tamén sobre as 18.00h a chegada do tren para pasear á rapazada disfrazada pola parroquia, e xa  sobre as 19.00 dará comezo a FESTA HOLI DE CORES, OU A DE NEÓN SE CHOVE (brilla na escuridade) PARA TODAS AS IDADES. Para isto é imprescindible que todas as persoas participantes veñan vestidas de branco (poden sacar o seu disfraz e quedar de branco), coa idea de que as roupas  queden cheas de cores ao final da tarde.

Trátase dunha festa onde a xente bailará ao son da música mentres que do ceo caerán centos de pigmentos de cores, para ao final quedar corpos e roupas cheos de po colorido. Seguidamente daremos un paseo en familia ó redor do Concello moi especial e divertido, con lanzamento de foguete incluído. Na festa haberá churros e venta de augas e refrescos.

Se chove ou venta demasiado, iremos para o pavillón de Carnota.

Esa mesma tarde no Pindo, haberá un desfile da comparsa Pedramar  e de entroidos libres dende as 18.30 h polas rúas da parroquia, organizado pola ACDR Pedramar.

A partir das 21.30 h, festa rachada no local social do Porto con DJ e lacoada. As persoas interesadas en participar poden chamar ao 699 171 088.

 

Luns 03 de marzo, ás 11.30 h a 13.30h, no Pavillón de Carnota:

Festiña de Entroido da man de Somos Enredos para a rapazada dende os 3 anos en adiante. Teremos un inchable, un obradoiro de cociña infantil de entroido e un obradoiro de tatuaxes infantís.

 

Martes 04 de marzo, ás 11.30h, no Salón de Actos do Concello:

Danzacontos “O carnaval do Brasil” para as familias (dende 1 a 6 anos) da man de Viaxando coas anduriñas.


Mércores 05 de marzo, de 11.30h a 13.30h, no pavillón de Lamas de Castelo:

Xogos deportivos con Fer, para a rapazada de 6 a 14 anos.

E no seu fin, daremos por rematado o Entroido 2025!!!!!

 

* Non haberá actividade na Escola de Música nin Escolas Deportivas os días luns 3, martes 4 e mércores 5.

O xoves 6 retomaranse todas as actividades nos horarios habituais.





 
 

Comments


bottom of page