XXXII Carreira das Areas
- marialago67
- Jun 11
- 2 min read
O próximo domingo 29 de xuño de 2025 terá lugar a XXXII Carreira das Areas do Concello de Carnota. Será a sexta proba do X Circuíto Correndo pola Costa da Morte e está incluída no calendario oficial das competicións da FGA.
Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos (nados no 2022 e anteriores).
As INSCRICIÓNS xa están abertas https://correndopolacostadamorte.com/ ata as 23:59h do 24 de xuño de 2025. Non serán aceptadas inscricións fóra de prazo.
A ENTREGA DE DORSAIS realizarase o día da competición a partir das 9:00 na contorna do Hórreo de Carnota.
A META e a SAÍDA efectuarase na contorna do Hórreo de Carnota.
Haberá servizo de ASEOS, DUCHAS E GARDARROUPA
Gardarroupa: na contorna do Hórreo de Carnota.
Duchas: Pavillón polideportivo de Carnota.
Aseos: Casa da Xesteira
HORARIOS:
09:00 | Apertura de mesa para a recollida de dorsais
10:15 | Proba Sub10
10:30 | Proba Sub12
10:45 | Entrega de premios sub10 e sub12
11:00 | Proba pitufos
11:15 | Proba 3K contra o Cancro
11:17 | Proba 3K Sub14, Sub16 e Sub18
11:45 | Entrega de premios das probas sub14, sub16, sub18, 3K Contra o Cancro
12:00 | Proba 10K
13:30 | Entrega de premios da proba 10K
Os PERCORRIDOS das distintas probas pódense consultar no Racemapp, na app ou na web https://correndopolacostadamorte.com/
Na X edición do circuíto seguiremos colaborando coa Asociación Provincial Contra o Cancro. A recadación obtida para tal fin será entregada á dita asociación cando remate o circuíto, na gala de entrega de trofeos.Así mesmo, todas as persoas que desexen colaborar coa Asociación Provincial Contra o Cancro, sen participar en ningunha competición, poderán facelo inscribíndose no apartado Fila 0 que aparecerá na web www.correndopolacostadamorte.com, dentro de cada unha das probas que compoñen o circuíto.
Esperámosvos!!

Comments