top of page
Search

A andaina do Solpor incluída dentro da programación do Víndemo Ver 2026

  • 3 days ago
  • 1 min read

O Concello de Carnota, como xa ven sendo habitual, organiza unha andaina dentro da programación do XIII Víndemo Ver. Coincididindo coa temática da Mostra, este ano terá lugar a “Andaina do Solpor” , unha proposta que convida a veciñanza e visitantes a gozar da paisaxe e do atardecer nun percorrido pensado para vivir a natureza en primeira persoa.


A actividade celebrarase o sábado 4 de abril, cun percorrido lineal duns 12 km e dificultade media, ideal para quen queira combinar exercicio, contorno natural e unha experiencia diferente ao ver caer o sol.


A organización habilitará un bus lanzadeira con saída ás 18:30 h desde a Praza de Galicia (Carnota). A andaina comezará ás 19:00 h no antigo miradoiro de Louredo.


Será obrigatorio levar lanterna, xa que parte do traxecto realizarase con pouca luz. Recoméndase tamén levar calzado axeitado e roupa cómoda.


As inscricións formalizarse a través de www.cronotec.es e ten un custo de 3 € por persoa que se pagará na conta do Concello: ES84 2080 0334 8731 1000 0035. O prazo para inscribirse será dende o luns 9 de marzo ata o martes 31 de marzo.





 
 
 

Comments


bottom of page