top of page
Search

UN PASADO ABRAIANTE

  • Writer: Carnota Turismo
    Carnota Turismo
  • Sep 7, 2021
  • 1 min read

Os gravados rupestres adoitan datarse no calcolítico e na Idade de Bronce e pertencen ó grupo galaico da arte rupestre aqueles gravados con motivos de animais, circulares, armas, paletas e idoliformes; mentres os de motivos cruciformes foron feitos ao longo de centos de anos ata a Idade Media ou tempos máis recentes. En Carnota atopamos numerosas mostras de gravados rupestres realizados en pedras ao aire libre, os petroglifos. Un bo exemplo é a Laxa Escrita, localizada na Costa de Carnota. Pero hai moitos máis como o do Filladuiro, As Laxiñas, Rego Lamoso, Porta Ventosa, Prousos Magos, etc.

Dende finais da Idade do Bronce e ata o século I, desenvolveuse no noroeste peninsular a cultura castrexa, cuxa característica máis notable son os seus poboados amurallados coñecidos coma os castros dos que toma nome. No noso Concello destaca a presenza de varios castros, pero o mellor conservado é o Castro de Mallou, que aínda presenta restos das murallas e das vivendas. Na parroquia de Lira existe outro asentamento castrexo, pero non en tan boas condicións.






 
 
 

Comments


bottom of page