top of page
Search

Aberto o prazo para participar cun posto no Mercado e Festa de Fin de Ano de Carnota

  • marialago67
  • Oct 17
  • 1 min read

Updated: Oct 20

O Concello de Carnota organiza, como xa vendo sendo habitual, un mercado os días 27 e 28 de decembro de 2025 e unha festa de fin de ano con orquestra e discoteca móbil.


Aquelas persoas/empresas interesadas en poñer un posto durante o mercado (comercio, artesanía, restauración, cantina, etc.) deberán presentar a súa solicitude a través do rexistro ou sede electrónica do Concello dende o 17 de outubro ata o 17 de novembro de 2025.


Tanto o Mercado como o Festival celebraranse nunha carpa na Praza de San Gregorio de Carnota, polo que o número de postos e zonas de comedor será limitado. No caso das zonas de comedor, prevalecerán as solicitudes das asociacións culturais.


Se as solicitudes recibidas superan o número de postos que, por motivos de capacidade e organización, se poden instalar na carpa, realizarase un sorteo público no salón de plenos do Concello, diferenciando cada tipo de posto, o 18 de novembro de 2025, ás 12:00 horas.



ree

 
 
 

Comments


bottom of page