Próxima andaina por Lariño e Lira
- marialago67
 - 6 hours ago
 - 1 min read
 
O Concello de Carnota e o Club O Jerreiro organizan unha nova andaina circular o sábado 23 de novembro, percorrendo as fermosas paisaxes da Senda Verde e da Senda Azul. A ruta terá unha distancia aproximada de 17 km e unha dificultade media, ideal para amantes da natureza e do sendeirismo.
A saída terá lugar ás 09:30 h dende a pista polideportiva de Lariño (A Gándara).
As inscricións deberán realizarse da seguinte maneira:
Socios/as do Club do Jerreiro: A inscrición realizarase a través do grupo de WhatsApp do clube e a actividade será gratuíta.
Non socios/as: deberán cubrir o seguinte formulario de inscrición e realizar un ingreso de 3 € por persoa na conta ES84 2080 0334 8731 1000 0035, indicando o nome do participante e nome da actividade.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o xoves 20 de novembro ás 12:00 h.
Consulta o track da ruta aquí.





Comments