top of page
Search

Excursión a San Andrés de Teixido

  • marialago67
  • 5 hours ago
  • 1 min read

O Concello de Carnota organiza unha excursión a San Andrés de Teixido, que terá lugar o domingo 8 de marzo. A actividade está dirixida á veciñanza de todas as idades.


A saída está prevista ás 9:00 horas dende o Concello de Carnota. A primeira parada será en San Andrés de Teixido, onde as persoas participantes poderán coñecer un dos santuarios máis emblemáticos de Galicia. A continuación, o grupo desprazarase ata Cedeira, onde se realizará o xantar. Pola tarde, a excursión fará unha parada en Betanzos antes de emprender o regreso a Carnota.


O prezo estimado da actividade é de 30 euros, podendo variar en función do número final de prazas ocupadas.


As inscricións estarán abertas ata o 27 de febreiro ou ata completar prazas, e deberán formalizarse no Departamento de Cultura e Turismo ou chamando ao teléfono 610 228 083.


As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. A actividade só se levará a cabo se se acada un número mínimo de participantes, e terán prioridade as persoas empadroadas en Carnota.


O Concello anima á veciñanza a participar nesta proposta de lecer e convivencia porque xa o di o refrán: “A San Andrés de Teixido vai de morto o que non foi de vivo”.




 
 
 

Comments


bottom of page