top of page
Search

O Concello de Carnota acolle unha exposición didáctica e solidaria sobre Castelao

A exposición terá lugar no Edificio Sociocultural do Viso, dende o 23 de febreiro ata o 23 de marzo, en horario de luns a venres de 16.00h a 20.00h e os mércores de 10.00h a 14.00h. Esta exposición enmárcase en CULTURA POR ALIMENTOS, unha iniciativa de Afundación a favor de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos). O acceso será a cambio da entrega dalgún alimento non perecedeiro, que irá destinado ao banco de alimentos local. Está organizada pola Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes , Turismo de Galicia – Xunta de Galicia, e Afundación Obra Social Abanca.

A mostra reúne 19 facsímiles da Coleción de Arte Afundación e 89 debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, dos que 49 pertencen á Colección de Arte ABANCA; tamén obras procedentes doutras institucións, galerías e particulares. Así mesmo, se poderá disfrutar de 3 retratos fotográficos, 4 caricaturas e 17 debuxos e portadas de revistas. Además, se poderá ler o texto orixinal do álbum Nós e contemplar 2 manuscritos de Castelao, 18 portadas das primeras edicións dos seus libros, 3 páxinas interiores, 14 portadas de libros ilustradas por Castelao e 3 debuxos.

Ao acto inaugural terá lugar o xoves 23 de febreiro ás 12.00h, no Edificio Sociocultural do Viso (Escola de Música). Asistirán , por parte de Abanca, o director de Zona Santiago-Costa da Morte, Víctor Miguel Escaris Insua e o director da oficina de Carnota, Alejandro Márquez Sánchez, e un membro de Afundación. Por parte do Concello, o alcalde, Juan Manuel Saborido e a concelleira de Servicios Sociais, Merche Noceda.



0 comments
bottom of page