top of page
Search

O Víndemo Ver consolídase como unha das citas imprescindibles de Semana Santa na Costa da Morte



O pasado domingo 31 remataba o XI Víndemo Ver con éxito de participación e de ventas. A pesar de que as previsións meteorolóxicas eran pouco alentadoras, saía o sol por Carnota esta Semana Santa con algún pequeno chuvasco o que nos permitiu manter toda a programación.


O xoves 28 ás 17:00 horas tiña lugar a inauguración no salón de actos do Concello na que estiveron presentes o alcalde, Juan M. Saborido e a Deputada de Igualdade Soledad Agra. Ambos resaltaron a importancia de manter a colaboración entre administracións para que eventos como este que combinan promoción, cultura e deporte se poidan levar a cabo. Os asistentes tiveron a oportunidade des escoitar a Santiago Llovo falar sobre a salga en Carnota.


O Mercado da Deputación abría as súas portas ese mesmo xoves ás 17:00 e permanecería aberto ata o domingo ao mediodía. Ocupou gran parte da praza San Gregorio e estivo distribuído en tres carpas, unha de produtos de proximidade, do agro e da horta, outra de postos de artesanía de creadores locais e outra de outros artesáns de toda Galicia.

Ademais destes espazos, tamén se distribúen postos de comida e bebida para degustar ao aire libre.


O xoves á noite tiveron lugar os concertos de “Chiña” e “Juan do Tractor”


O venres 29 tiña lugar a XI BTT e a xincana de bicis.


Os gañadores da ruta longa da BTT foron:

  • Samuel Catán Baña Martínez 1º masculino

  • Xastia Domínguez Porteiro 1ª femenina

  • Samuel Tomé Fernández 1º sub 17


Os gañadores da ruta curta foron:


  • Miguel Anxo Nogueira Pérez 1º masculino                                                

  • Nicolás Rodríguez Busto 1º local

  • David Pais Caamaño 1º sub 17


O primeiro local foi Carlos Beiro González, o máis veterano foi David Corral Valladares e o clube máis numeroso o carnotán “O Jerreiro”.


O alcalde, Juan M. Saborido foi o encargado da entrega de premios.

Pola tarde continuamos con máis actividades para a rapazada, como a “A pesca da sardiña” e a Charanga Santa Compaña e pola noite os concertos do grupo local “Ghachi Ki” e “Los lunes al Sol”.


O sábado 30 tivo lugar a ruta “Andar ao Mar” pasada por auga e paralemante o concerto “Ven Rockear con Pakolas”. Pola tarde a rapazada puido desfrutar cos xogos tradicionais mentras os máis maiores asistían a actuación da agrupación musical Chan de Lamas. Tamén tivo lugar un obradoiro de cestería para todos os públicos e pola noite os concertos de “Xur” e “The Rapants” que nos fixeron deleitar cos seus temas.


O domingo ás 14:30 finalizaba o Víndemo Ver. Durante a mañá, a encargada de amenizar as rúas foi a banda de gaitas Longarela e as familias puideron desfrutar do teatro e clown familiar “Abracadáver”.


Víndemo Ver en imaxes






0 comments
bottom of page