top of page
Search

Programa de visitas guiadas por Carnota

Updated: Jul 22, 2023

Un ano máis o Concello de Carnota organiza un programa de visitas guiadas durante os meses de xullo e agosto para dar a coñecer os lugares máis emblemáticos e con máis interese turístico do municipio.

 

O 12 de xullo terá lugar a primeira das rutas pola parroquia de Lira onde se visitaron os restos de antigas fábricas de salgadura, o lugar do afundimento do buque da Armada Española Ariete, a capela dos Remedios e o hórreo de Lira. A ruta volverase a repetir o 16 de agosto.

 

Outra das rutas propostas e unha das máis demandas é a subida ao Monte Pindo. Realizarase dende a aldea do Fieiro. As citas terán lugar o 19 de xullo e o 2 de agosto.

 

A visita nocturna ao petrógifo das Laxiñas celebrarase os días 26 de xullo e 9 de agosto. Nela realizarase unha interpretación da paisaxe dende o miradoiro de Lira e visitarase o petróglifo das Laxiñas. Para favorecer a visibilidade dos gravados proxectarase luz rasante artificil.


O 23 de agosto está prevista unha ruta circular, de aproximadamente 10 km, con saída dende Caldebarcos que transcorre no seu inicio pola liña de costa, onde se poden apreciar distintos exemplos de arquitectura popular mariñeira, como as casetas de pescadores ou as antigas fábricas de salgadura para logo continuar o curso do río e ver os muíños de Panchés e o miradoiro de Onde se Adora.

 

Todas as rutas son de balde e iniciaranse ás 9:30 da mañá agás as nocturnas que comezarán ás 21:30. O tempo estimado para a súa realización é de 3:30 horas e a dificultade é media-alta.

 

Máis información e inscricións:

  • no seguinte formulario

  • na oficina de turismo

  • no teléfono 610228083

As inscricións deberán formalizarse antes do día anterior a celebración da ruta ás 13:00 h.



0 comments
bottom of page