top of page
Search

Reprogramada a Andaina pola Senda Azul e Senda Verde para o 15 de marzo

  • 7 hours ago
  • 1 min read

O Concello de Carnota e o Clube O Jerreiro poñen nova data para a andaina circular pola Senda Azul e Senda Verde, que tivera que ser aprazada por mor do mal tempo. A nova data xa está fixada para o vindeiro domingo 15 de marzo, así que volvemos ao camiño! 


Data: domingo 15 de marzo

Distancia: aprox. 17 km

Dificultade: media

Saída: ás 09:30 h dende a pista polideportiva de Lariño (A Gándara).


Inscricións:

  • Socios/as do Club O Jerreiro: actividade gratuíta. A inscrición realizarase a través do grupo de WhatsApp do club.

  • Non socios/as: Deben cubrir o seguinte formulario e realizar un ingreso de 3 € por persoa na conta: ES84 2080 0334 8731 1000 0035, indicando o nome do participante.


O prazo de inscrición é ata o venres 13 de marzo ás 12:00 h.



 
 
 

Comments


bottom of page