Xa está dispoñible a programación de Entroido
- Jan 21
- 1 min read
Updated: Jan 23
Xa está dispoñible a programación do Entroido con propostas para todas as idades.
O programa inclúe unha festa infantil con hinchables, obradoiros e dj, xornadas de xogos e pintacaras, contacontos e un concurso de disfraces con premios de ata os 1.000 euros.
Consulta toda a información e as bases do concurso e participa!
As persoas interesadas en participar deberán presentar a ficha de inscrición a partir do 26 de xaneiro a través da sede electrónica ou presencialmente no rexistro xeral do Concello. O prazo remata o 6 de febreiro de 2026 ás 14.00 h.





Comments